
Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth integrada no dispositivo
permite realizar conexións sen fíos entre dispositivos
electrónicos nun espazo de 10 metros. A conexión
Bluetooth pódese empregar para enviar imaxes,
vídeos, texto, tarxetas de visita, notas da axenda ou
para conectarse sen fíos a dispositivos que utilicen a
tecnoloxía Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a tecnoloxía
Bluetooth utilizan ondas de radio, o seu dispositivo e
os outros dispositivos non precisan estar apuntando
uns cara aos outros. Os dous dispositivos só precisan
56
Conect
ivi
dad
e

estar a unha distancia máxima de 10 metros, aínda que
a conexión pode estar suxeita a interferencias de
obstrucións como paredes ou dispositivos
electrónicos.
Pódense activar varias conexións Bluetooth á vez. Por
exemplo, se o seu dispositivo está conectado a un
auricular, tamén pode transferir ficheiros a outros
dispositivos compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa especificación
Bluetooth 2.0 + EDR que admite os seguintes perfís:
Dial-Up Networking (DUN), Object Push Profile (OPP),
File Transfer Profile (FTP), Hands Free Profile (HFP),
Headset Profile (HSP), Basic Imaging Profile (BIP),
Remote SIM Access Profile (SimAP), Device
Identification Profile (DI), Phonebook Access Profile
(PBAP), Generic Audio/Video Distribution Profile
(GAVDP), Audio/Video Remote Control Profile (AVRCP),
Advanced Audio Distribution Profile (A2DP) . Para
asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos
que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice
accesorios Nokia homologados para este modelo.
Póñase en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre a
compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth
aumentan o consumo de enerxía e reducen a duración
da batería.