
Os meus vídeos
Os meus vídeos é unha localización de almacenaxe
para todos os videoclips da aplicación Centro de vídeo.
É posible obter unha lista dos videoclips descargados
e dos gravados coa cámara do teléfono en vistas
separadas.
1.
Para abrir un cartafol e ver videoclips, utilice a tecla
de desprazamento. Durante a reprodución do
videoclip, utilice as teclas multimedia para
controlar o reprodutor de vídeo.
2.
Para axustar o volume, prema a tecla de volume.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
●
Proseguir descarga
— Continuar unha descarga
en pausa ou con erros.
●
Cancelar descarga
— Cancelar unha descarga.
●
Detalles do vídeo
— Ver información sobre un
videoclip.
●
Atopar
— Buscar un videoclip. Introduza un termo
de busca que coincida co nome do ficheiro.
●
Mostrar pola rede propia
— Reproducir un
videoclip descargado nunha rede doméstica
compatible. Primeiro cómpre configurar a rede
doméstica.
●
Estado da memoria
— Ver o total de memoria libre
e en uso.
●
Ordenar por
— Ordenar videoclips. Seleccione a
categoría desexada.
●
Mover e copiar
— Mover ou copiar videoclips.
Seleccione
Copiar
ou
Mover
e a situación desexada.