Axustes do Centro de vídeo
Na vista principal do Centro de vídeo, seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das seguintes opcións:
●
Selección do serviz. víd.
— Seleccione os servizos
de vídeo que desexa que aparezan no Centro de
vídeo. Tamén pode engadir, eliminar, editar e ver os
detalles dun servizo de vídeo. Non é posible editar
servizos de vídeo preinstalados.
●
Axustes da conexión
— Para definir o destino de
rede empregado para a conexión de rede, seleccione
Conexión de rede
. Para seleccionar manualmente
a conexión cada vez que o Centro de vídeo abre unha
conexión de rede, seleccione
Preguntar sempre
.
Para activar ou desactivar a conexión GPRS,
seleccione
Permitir uso de GPRS
.
Para activar ou desactivar a itinerancia, seleccione
Permitir ronda
.
●
Control de idade
— Permite establecer un límite
de idade para os vídeos. O contrasinal requirido é o
mesmo que o código de bloqueo do dispositivo. O
código de bloqueo predeterminado é 12345. Nos
servizos de vídeo baixo petición, ocúltanse os vídeos
que teñan un límite de idade igual ou superior ao
que estableza.
●
Memoria preferida
— Permite seleccionar se
desexa que os vídeos descargados se garden na
memoria masiva ou nunha tarxeta de memoria
compatible. Se a memoria seleccionada se enche, o
dispositivo gardará o contido na outra memoria.
●
Miniaturas
— Permite seleccionar se desexa que se
descarguen e vexan imaxes en miniatura nas fontes
de vídeo.
104
Centro de víde
o de No
kia