Nokia N86 8MP - Centro de vídeo de Nokia

background image

Centro de vídeo de Nokia

Con Centro de vídeo de Nokia (servizo de rede), pode

descargar e transmitir por secuencias videoclips

mediante unha conexión polo aire desde servizos de

vídeo da Internet compatibles utilizando paquetes de

datos ou a conexión WLAN. Tamén pode transferir

videoclips desde un ordenador compatible ao teléfono

e visualizalos no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de

datos para descargar vídeos pode implicar a

transmisión de grandes cantidades de datos a través

da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos para obter

información acerca das tarifas de transmisión de datos.
É posible que o teléfono dispoña de servizos

predefinidos.
É posible que os fornecedores de servizos

proporcionen contido de xeito gratuíto ou que cobren

unha tarifa. Consulte o prezo no servizo ou ao

fornecedor de servizos.