
Verbo da cámara
O seu Nokia N86 8MP ten dúas cámaras. A cámara
principal de alta resolución atópase na parte posterior
do teléfono. A secundaria, cunha resolución máis
baixa, atópase na parte dianteira. Pode utilizar
ámbalas dúas cámaras para capturar imaxes e gravar
vídeos.
O dispositivo admite unha resolución de captura de
imaxes de 3264 x 2448 píxeles (8 megapíxeles). A
resolución de imaxe amosada nesta guía pode ter un
aspecto diferente.
As imaxes e videoclips gárdanse en Fotos.
As imaxes producidas atópanse en formato JPEG. Os
videoclips grávanse no formato de ficheiro MPEG-4 coa
extensión .mp4 ou en formato 3GPP coa extensión .3gp
(calidade correspondente á función de compartir
vídeos).
Vexa "Axustes de vídeo", p. 43.
Para liberar memoria e gardar imaxes e videoclips
novos, transfira ficheiros a un ordenador compatible,
por exemplo, mediante un cable de datos USB
compatible, e elimine os ficheiros do dispositivo. O
dispositivo avísalle cando a memoria está chea. Entón
pode liberar memoria na almacenaxe actual ou
cambiar a memoria que desexa utilizar.
É posible enviar imaxes e videoclips en mensaxes
multimedia, como ficheiros adxuntos de correo
electrónico ou mediante outros métodos de conexión,
como a conectividade Bluetooth ou unha conexión LAN
sen fíos. Tamén pode cargalos a un álbum en liña
compatible.