
Despois de gravar un vídeo
Despois de gravar un videoclip, seleccione algunha das
seguintes opcións na barra de ferramentas activa
(dispoñible unicamente se
Mostrar vídeo capturado
está axustado en
Activar
nos axustes de vídeo):
●
Para reproducir inmediatamente o videoclip que
acaba de gravar, seleccione
Reproducir
( ).
●
Se non desexa conservar o vídeo, seleccione
Borrar
( ).
●
Para enviar o videoclip por medio dunha mensaxe
multimedia, un correo electrónico ou outros
métodos de conexión, como o Bluetooth, prema a
tecla Chamar ou seleccione
Enviar
( ). Esta opción
non está dispoñible durante as chamadas. É posible
que non poida enviar videoclips gardados no
formato de ficheiro MPEG-4 nunha mensaxe
multimedia.
Tamén pode enviar o videoclip á persoa coa que está
a falar. Seleccione
Enviar ó que chama
( ) (só
dispoñible durante as chamadas).
●
Para engadir o videoclip a un álbum, seleccione
Engadir ó álbum
.
●
Para cargar o videoclip a un álbum en liña
compatible, seleccione (só dispoñible se
configurou unha conta para un álbum en liña
compatible).
●
Para volver ao visor e gravar un videoclip novo,
prema o botón disparador.