
Modo panorámico
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cámara
.
Seleccione o modo panorámico na barra de
ferramentas.
1.
Para facer a primeira foto, prema o botón
disparador.
2.
Xire de vagar o dispositivo cara á esquerda ou á
dereita da maneira que indican as frechas.
A pantalla amosa unha vista previa panorámica e a
cámara fai unha foto mentres xira a cámara. A
frecha verde indica que pode comezar a xirar a
cámara lentamente. O símbolo de pausa vermello
indica que se debe deter ata que a frecha verde
apareza de novo. O seguinte marco é capturado
cando o rectángulo vermello se despraza cara ao
centro da vista previa.
3.
Para completar a foto, seleccione
Deter
. A foto
panorámica detense automaticamente cando se
alcanza a anchura máxima da foto. Lembre que o
dispositivo pode tardar algún tempo en procesar a
foto.
36
Cá
mara