Facer fotos
Cando faga unha foto, teña en conta o seguinte:
●
Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se
mova.
●
A calidade das fotos sobre as que se aplicou o zoom
dixital é inferior á das fotos sobre as que non se
aplicou.
●
A cámara pasa ao modo de aforro de enerxía se non
se preme ningunha tecla durante uns intres. Para
continuar facendo fotos, prema o botón disparador.
Para facer unha foto, leve a cabo as seguintes accións:
1.
Se a cámara está en modo de vídeo, seleccione o
modo de foto na barra de ferramentas activa.
2.
Para fixar o enfoque nun obxecto, prema ata a
metade o botón disparador (só na cámara principal,
non dispoñible en escenas de paisaxe ou de
deporte). Amosarase un indicador verde de
enfoque fixado na pantalla. Se o enfoque non se
fixou, amosarase un indicador vermello. Solte o
botón disparador e prémao de novo ata a metade.
Ademais, pode facer fotos sen fixar o enfoque.
3.
Para facer fotos, prema o
botón disparador. Non mova o
dispositivo ata que a foto se
garde e apareza a foto final na
pantalla.
Para facer unha foto utilizando o
zoom, utilice a tecla Zoom do
dispositivo.
Para activar a cámara frontal, seleccione
Opcións
>
Usar cámara secundaria
. Para facer unha foto, prema
a tecla de desprazamento. Para ampliar ou reducir
unha foto, desprácese cara a arriba ou cara a abaixo.
Para deixar a cámara aberta en segundo plano e
utilizar outras aplicacións, prema a tecla Menú. Para
volver á cámara, prema e manteña pulsado o botón
disparador.