Captura de imaxes en secuencia
O modo secuencia só está dispoñible na cámara
principal.
Para axustar a cámara para capturar imaxes en
secuencia (se hai bastante memoria dispoñible), na
barra de ferramentas activa, seleccione
Modo de
secuencia
.
Para comezar a capturar imaxes en secuencia rápida,
seleccione
Refa.
e manteña premida a tecla Capturar.
O dispositivo capturará imaxes ata que solte a tecla ou
ata que se esgote a memoria. Se preme a tecla Capturar
brevemente, o dispositivo capturará seis imaxes en
secuencia.
Para capturar dúas ou máis imaxes en intervalos
definidos, seleccione o intervalo de tempo que desexe.
Para capturar as imaxes, prema a tecla Capturar. Para
deter a captura de imaxes, seleccione
Cancelar
. O
número de imaxes capturadas depende da memoria
dispoñible.
As imaxes capturadas amósanse nun mosaico na
pantalla. Para ver unha imaxe, prema a tecla de
desprazamento. Se utilizou un intervalo de tempo, só
se amosará na pantalla a última imaxe capturada. Pode
ver o resto de imaxes na aplicación Fotos.
Ademais, pode utilizar o modo secuencia co
temporizador automático.
Para volver ó visor do modo secuencia, prema a tecla
Capturar.
Para desactivar o modo de secuencia, na barra de
ferramentas activa, seleccione
Modo de secuencia
>
Foto única
.