Barra de ferramentas activa
A barra de ferramentas activa dispón de accesos
directos a elementos e axustes diferentes antes e
despois de facer fotos ou de gravar un vídeo. Para
seleccionar un elemento da barra de ferramentas,
desprácese ata el e prema a tecla de desprazamento.
Tamén pode definir cando se debe visualizar a barra de
ferramentas na pantalla.
Despois de pechar a cámara restablécense os axustes
predeterminados da barra de ferramentas activa.
Para ver a barra de ferramentas activa antes e despois
de facer unha foto ou de gravar un videoclip, seleccione
Opcións
>
Mostrar barra de ferram.
. Para ver a barra
de ferramentas activa só cando o precisa, seleccione
Opcións
>
Ocultar barra ferram.
. Para visualizar a
barra de ferramentas cando está oculta, prema a tecla
de desprazamento. A barra de ferramentas visualízase
durante 5 segundos.
Os accesos directos non están sempre dispoñibles
(axuste predeterminado). Para engadir ou quitar
accesos directos da barra de ferramentas, seleccione
Opcións
>
Personaliz. barra ferram.
.
Na barra de ferramentas activa, seleccione unha das
opcións seguintes:
Cambiar a modo de vídeo.
Cambiar a modo de foto.
Seleccionar a escena.
Apagar a luz do vídeo (só modo de vídeo).
Acender a luz do vídeo (só modo de vídeo).
Seleccionar o modo de flash (só fotos).
Activar o temporizador automático (só fotos).
Activar o modo de secuencia (só fotos).
34
Cá
mara
Para seleccionar un efecto de cor.
Axustar o balance de brancos.
Axustar a compensación da exposición (só fotos).
Para axustar a nitidez (só fotos).
Para axustar o contraste (só fotos).
Para axustar a sensibilidade á luz (só fotos).
Activar o modo panorámico.
As iconas cambian para reflectir o axuste actual.
En caso de modificar os axustes do zoom, da
iluminación ou da cor, é posible que leve máis tempo
gardar a foto.