Nokia N86 8MP - Códigos de acceso

background image

Códigos de acceso

Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos.

Código PIN (número de identificación

persoal) — Este código protexe a súa tarxeta SIM de

usos non autorizados. O código PIN (de 4 a 8 díxitos)

fornécese normalmente xunto coa tarxeta SIM. Se

insire o código PIN de xeito incorrecto tres veces

consecutivas, o código bloquearase e necesitará o

código PUK para desbloquealo.

Código UPIN — Este código pódese fornecer xunto

coa tarxeta USIM. A tarxeta USIM é unha versión

mellorada da tarxeta SIM e admítena os teléfonos

móbiles 3G.

Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos)

fornécese xunto con algunhas tarxetas SIM e

requírese para acceder a algunhas funcións do

dispositivo.

Código de bloqueo (tamén chamado "código de

seguridade") — O código de bloqueo axúdalle a

protexer o dispositivo contra o uso non autorizado.

O código predeterminado é 12345. Pode crear e

cambiar o código e axustar o dispositivo para

solicitar o código. Garde o código novo nun lugar

secreto e seguro lonxe do dispositivo. Se esquece o

código e o dispositivo se bloquea, requirirase

asistencia técnica. É posible que se apliquen tarifas

adicionais e que se eliminen todos os datos persoais

do dispositivo. Para obter máis información, póñase

en contacto cun punto de atención Nokia Care ou co

distribuidor do dispositivo.

Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e

PUK2 — Estes códigos (8 díxitos) requírense para

modificar un código PIN ou PIN2 bloqueado,

respectivamente. Se os códigos non se fornecen coa

tarxeta SIM, póñase en contacto co fornecedor de

servizos de rede ao que pertence a tarxeta SIM

inserida no teléfono.

Código UPUK — Este código (8 díxitos) requírese

para modificar un código UPIN bloqueado. Se o

código non se fornece coa tarxeta USIM, póñase en

contacto co fornecedor de servizos de rede ao que

pertence a tarxeta USIM inserida no teléfono.

Número IMEI (International Mobile Equipment

Identity, Identidade Internacional de Equipo

Móbil) — Este número (de 15 ou 17 díxitos)

emprégase para identificar dispositivos válidos na

rede GSM. Os dispositivos que, por exemplo, foran

roubados pódense bloquear para impedir que teñan

acceso á rede. O número IMEI do seu dispositivo

atópase debaixo da batería.

21

Buscar axuda