Aumento da duración da
batería
Neste dispositivo existen moitas funcións que
aumentan o consumo de enerxía e reducen a duración
da batería. Para aforrar enerxía da batería, teña en
conta o seguinte:
●
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth, ou
permitir que estas funcións se executen en segundo
plano mentres utiliza outras, aumentan o consumo
de enerxía da batería. Desactive o Bluetooth cando
non o necesite.
●
As funcións que utilizan a rede LAN sen fíos (WLAN),
ou permitir que estas funcións se executen en
segundo plano mentres utiliza outras, aumentan o
consumo de enerxía da batería. A WLAN do
dispositivo Nokia apágase cando non tenta
conectar, cando non está conectada cun punto de
acceso ou cando non está buscando redes
dispoñibles. Para reducir máis o consumo da
batería, pode especificar que o dispositivo non
busque redes dispoñibles en segundo plano ou que
o faga con menor frecuencia.
●
Se axustou
Conexión paquetes datos
en
Se está
dispoñible
nos axustes de conexión e non existe
cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo
tenta establecer periodicamente unha conexión de
paquete de datos. Para aumentar a duración do
funcionamento do teléfono, seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Axustes
e
Conexión
>
Paquetes
datos
>
Conexión paquetes datos
>
Se
cómpre
.
●
A aplicación Mapas descarga nova información do
mapa cando vostede se despraza ata novas zonas
deste, o que aumenta o consumo de enerxía da
batería. É posible evitar a descarga automática de
novos mapas.
●
Se a potencia do sinal da rede móbil varía
considerablemente na súa zona, o dispositivo
buscará a rede dispoñible repetidamente. Isto
aumenta o consumo da enerxía da batería.
Se o modo de rede se axusta en modo dual nos
axustes de rede, o dispositivo buscará a rede 3G. É
posible axustar o dispositivo para empregar só a
rede GSM. Para empregar só a rede GSM, seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Axustes
e
Teléfono
>
Rede
>
Modo de rede
>
GSM
.
●
A luz de fondo da pantalla aumenta a demanda de
enerxía da batería. Nos axustes de pantalla, é
posible modificar o tempo de espera tralo cal se
apaga a luz de fondo. Seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Axustes
e
Xeral
>
Personalización
>
Pantalla
>
Duración luz
.
●
Deixar que as aplicacións se executen en segundo
plano aumenta o consumo de enerxía da batería.
Para cerrar as aplicacións que non está a usar, prema
e manteña pulsada a tecla Menú, desprácese ata a
aplicación e prema C.
22
Buscar axuda
●
Para aforrar enerxía, active o modo de aforro de
enerxía. Prema a tecla de acendido e seleccione
Activar aforro de enerxía
. Para desactivalo, prema
a tecla de acendido e seleccione
Desactiv. aforro
enerxía
. Pode que non sexa quen de cambiar os
axustes dalgunhas aplicacións cando o modo de
aforro de enerxía está activado.