
Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu
produto, ou se non está seguro do funcionamento do
seu teléfono, consulte as páxinas de axuda en
www.nokia.com/support, o sitio web de Nokia para o
seu país, www.nokia.mobi/support (dende un
teléfono móbil), a aplicación Axuda do dispositivo ou
a guía do usuario.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das
seguintes opcións:
●
Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a
batería. Pasado un minuto, volva a colocar a batería
e acenda o teléfono.
●
Restableza a configuración orixinal de fábrica do
modo indicado na guía de usuario. Eliminaranse os
seus documentos e ficheiros no restablecemento,
así que faga primeiro unha copia de seguridade dos
seus datos.
●
Actualice o software do seu dispositivo con
regularidade para obter un rendemento óptimo e
posibles funcións novas, como se explica na guía de
usuario.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en
contacto con Nokia para obter información acerca
18
Buscar axuda

doutras opcións de reparación. Consulte
www.nokia.com/repair. Antes de enviar a amañar o
teléfono, lembre facer unha copia de seguridade dos
datos do teléfono.