Acerca das actualizacións de
software
Aviso: Se instala unha actualización de
software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata
completar a instalación e reiniciar o dispositivo.
Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade dos
datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.
A descarga de actualizacións de software pode implicar
a transmisión de grandes cantidades de datos (servizo
de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de
carga suficiente ou conecte o cargador antes de iniciar
a actualización.
Despois de actualizar o software ou as aplicacións do
seu dispositivo, é posible que as instrucións
relacionadas coas aplicacións actualizadas da guía do
usuario ou das axudas non estean actualizadas.