
Configuración remota
Seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Xestor disp.
.
O xestor de dispositivos permítelle xestionar de xeito
remoto os axustes, datos e software do seu dispositivo.
Pode conectarse a un servidor e recibir os axustes de
configuración para o seu dispositivo. É posible que
reciba perfís de servidor e distintos axustes de
configuración dos seus fornecedores de servizo ou do
departamento de xestión de información da empresa.
Os axustes de configuración poden incluír axustes de
conexión e doutro tipo empregados por distintas
aplicacións do seu dispositivo. As opcións dispoñibles
poden variar.
Normalmente, o servidor comeza a conexión de
configuración remota cando os axustes do dispositivo
precisan ser actualizados.
Para crear un novo perfil de servidor, seleccione
Opcións
>
Perfís servidor
>
Opcións
>
Novo perfil
de servidor
.
É posible que reciba estes axustes nunha mensaxe de
configuración enviada polo seu fornecedor de servizos.
En caso contrario, defina o seguinte:
●
Nome do servidor
— Introduza un nome para o
servidor de configuración.
●
ID de servidor
— Introduza o ID único para
identificar o servidor de configuración.
●
Contrasinal de servidor
— Introduza un
contrasinal para identificar o seu dispositivo no
servidor.
●
Punto de acceso
— Seleccione o punto de acceso
utilizado para a conexión ou cree un punto de acceso
novo. Se o desexa, pode facer que se lle pregunte
polo punto de acceso cada vez que inicie unha
conexión. Este axuste só está dispoñible se ten
seleccionado
Internet
como tipo de portador.
●
Enderezo de host
— Introduza o enderezo web do
servidor de configuración.
●
Porto
— Introduza o número de porto do servidor.
●
Nome de usuario
e
Contrasinal
— Introduza o seu
ID de usuario e contrasinal para o servidor de
configuración.
●
Permitir configuración
— Seleccione
Si
para
permitir que o servidor inicie a sesión de
configuración.
●
Aceptar autom. todas
— Seleccione
Si
se non
desexa que o servidor lle solicite confirmación
cando inicie unha sesión de configuración.
●
Autentificación de rede
— Seleccione se quere
usar autenticación http.
●
Nome de usuario de rede
e
Contrasinal de
rede
— Introduza o seu ID de usuario e contrasinal
para a autenticación http. Este axuste só está
dispoñible se seleccionou utilizar
Autentificación
de rede
.
168
Axust
es

Para conectarse ao servidor e recibir axustes de
configuración para o seu dispositivo, seleccione
Opcións
>
Iniciar configuración
.
Para ver o rexistro de configuración do perfil escollido,
seleccione
Opcións
>
Ver rexistro
.
Para actualizar directamente por teléfono o software
do dispositivo, seleccione
Opcións
>
Verificar
actualizacións
. A actualización non elimina os seus
axustes. Cando reciba o paquete de actualización no
seu dispositivo, siga as instrucións da pantalla. O
dispositivo reiniciarase cando remate a actualización.
A descarga de actualizacións de software pode implicar
a transmisión de grandes cantidades de datos (servizo
de rede). Asegúrese de que a batería do dispositivo
dispoña de carga suficiente ou conecte o cargador
antes de iniciar a actualización.
Aviso: Se instala unha actualización de
software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata
completar a instalación e reiniciar o dispositivo.
Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade dos
datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.
169
Axust
es