Nokia N86 8MP - Axustes de rede

background image

Axustes de rede

O seu dispositivo pode cambiar automaticamente

entre as redes GSM e UMTS. A rede GSM indícase coa

icona no modo en espera. A rede UMTS indícase coa

icona

.

Seleccione

Menú

>

Ferramentas

>

Axustes

e

Teléfono

>

Rede

e unha das seguintes opcións:

Modo de rede

— Permite seleccionar que rede

desexa utilizar. Se selecciona

Modo dual

, o

dispositivo utilizará a rede GSM ou UMTS

automaticamente, segundo os parámetros de rede

e os acordos de itinerancia establecidos entre os

fornecedores de servizos sen fíos. Para obter máis

detalles e os custos da itinerancia, póñase en

contacto co seu fornecedor de servizo de rede. Esta

opción só se amosa se a admite o fornecedor de

servizos sen fíos.
Un acordo de itinerancia é un acordo entre dous ou

máis fornecedores de servizos que permite que os

usuarios dun fornecedor de servizos utilicen os

servizos doutros fornecedores de servizos.

Selección de operador

— Seleccione

Automática

para axustar o dispositivo para buscar

e seleccionar unha das redes dispoñibles ou

Manual

para seleccionar manualmente a rede

dunha lista. Se se perde a conexión á rede

seleccionada manualmente, o dispositivo emitirá

un ton de erro e solicitaralle que seleccione de novo

unha rede. A rede seleccionada debe dispoñer dun

acordo de itinerancia coa súa rede móbil.

Amosar info de célula

— Axuste o dispositivo para

que indique cando desexa que se utilice nunha rede

móbil baseada nunha tecnoloxía de rede

micromóbil (MCN) e para activar a recepción da

información móbil.