
Crear grupos de punto de acceso
Seleccione
Menú
>
Ferramentas
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
.
Algunhas aplicacións permítenlle utilizar grupos de
punto de acceso para se conectar a unha rede.
Para evitar ter que seleccionar o punto de acceso que
se empregará cada vez que o dispositivo trate de
conectarse a unha rede, poderá crear un grupo que
inclúa varios puntos de acceso e definir a orde na que
se empregarán os puntos de acceso para conectarse a
unha rede.
Por exemplo, pode engadir unha rede LAN sen fíos
(WLAN) e puntos de acceso de paquetes de datos a un
grupo de puntos de acceso á Internet e usar o grupo
para navegar pola web. Se lle outorga ao punto de
acceso WLAN a prioridade máis alta, o dispositivo
conectarase á Internet por medio da WLAN se estivera
dispoñible e por medio da conexión de paquetes de
datos se non estivera.
Para crear un punto de acceso novo, seleccione
Opcións
>
Administrar
>
Novo destino
.
Para engadir puntos de acceso a un grupo de puntos
de acceso, seleccione o grupo e
Opcións
>
Novo
punto de acceso
. Para copiar un punto de acceso
existente doutro grupo, desrpácese ata un punto de
acceso existente e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Copiar noutro destino
.
Para cambiar a orde de prioridade dos puntos de
acceso dentro dun grupo, desprácese ata un punto de
acceso e
Opcións
>
Organizar
>
Cambiar
prioridade
.