Instalación de aplicacións e
software
Os ficheiros de instalación pódense transferir ao
dispositivo dende un ordenador compatible, descargar
durante a navegación ou recibilos nunha mensaxe
multimedia, como ficheiro adxunto de correo
electrónico, ou mediante outros métodos de conexión,
como unha conexión Bluetooth. Pode utilizar Nokia
Application Installer de Nokia Ovi Suite para instalar
unha aplicación no dispositivo.
148
Ap
licac
ión
s
As iconas do xestor de aplicacións indican o seguinte:
aplicación .sis ou .sisx
Aplicación Java™
aplicación non instalada completamente
aplicación instalada na memoria masiva
aplicación instalada na tarxeta de memoria
Importante: Só instale e utilice aplicacións e
outro software procedente de fontes de confianza,
como aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado
a proba Java Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
●
Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e
o seu fornecedor ou creador, seleccione
Opcións
>
Ver detalles
.
Para ver os detalles do certificado de seguridade da
aplicación, seleccione
Detalles:
>
Certificados:
>
Ver detalles
.
●
Se instala un ficheiro que contén unha actualización
ou parche para unha aplicación existente, só pode
restaurar a aplicación orixinal se posúe o ficheiro de
instalación orixinal ou unha copia de seguridade
completa do paquete de software eliminado. Para
restaurar a aplicación orixinal, elimine a aplicación
e instálea de novo dende o ficheiro de instalación
orixinal ou dende a copia de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR.
Se non se atopa, é posible que o teléfono lle solicite
a súa descarga. Se non existe ningún punto de
acceso definido para a aplicación, solicitaráselle
seleccionar un. Durante a descarga do ficheiro JAR,
é posible que necesite inserir un nome de usuario e
un contrasinal para acceder ao servidor. Pode
obtelos do fornecedor ou creador da aplicación.
Para instalar a aplicación ou software, leve a cabo os
pasos que se indican a continuación:
1.
Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Xestor aplic.
. Tamén pode
buscar os ficheiros de instalación mediante o Xestor
de ficheiros ou seleccionar
Mensaxería
>
Caixa
entrada
e abrir unha mensaxe que conteña un
ficheiro de instalación.
2.
No Xestor de aplicacións, seleccione
Opcións
>
Instalar
. Noutras aplicacións, seleccione o ficheiro
de instalación para que esta comece.
Durante a instalación, o teléfono amosa
información acerca do seu progreso. Se instala
unha aplicación sen certificado ou sinatura dixital,
o teléfono amosará unha advertencia. Continúe a
instalación só se está seguro da orixe e contido da
aplicación.
Para executar unha aplicación instalada, seleccione a
aplicación. Se a aplicación non posúe un cartafol
149
Ap
licac
ión
s
predeterminado definido, instalarase no cartafol
Instalacións do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou
eliminados e a súa data, seleccione
Opcións
>
Ver
rexistro
.
Importante: Ó dispositivo só admite unha
aplicación antivirus. Dispoñer de máis dunha
aplicación con función antivirus pode afectar ao
rendemento e funcionamento ou provocar que o
dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de
memoria compatible, os ficheiros de instalación
(.sis, .sisx) permanecen na memoria do dispositivo. É
posible que os ficheiros utilicen grandes cantidades de
memoria e lle impidan almacenar outros ficheiros.
Para manter suficiente memoria, utilice Nokia Ovi Suite
para facer unha copia de seguridade dos ficheiros de
instalación nun ordenador compatible e, a
continuación, utilice o xestor de ficheiros para eliminar
os ficheiros de instalación da memoria do dispositivo.
Se o ficheiro .sis é un ficheiro achegado dunha
mensaxe, elimine a mensaxe da bandexa de entrada.